Ence queda na ría de Pontevedra ata 2073

Ence queda na ría de Pontevedra ata 2073


Apple iPhone 15 Pro Max - El Corte Ingles





Ata un 27 por cento se dispararon as accións de Ence nada máis coñecerse a decisión do Supremo. Un fallo que, segundo a compañía, devólvelle a seguridade xurídica necesaria para acometer os plans de futuro.

Estima en 169 millóns de euros o impacto positivo nos seus beneficios.

Reaccións desiguais

Con apertas, bágoas e ata con cava festexaron os traballadores a vitoria nos tribunais que permite a Ence continuar en Lourizán.

Ana Cedeira, presidenta do comité de oficinas da factoría salienta que “agora xa podemos pensar en futuro. Estabamos moi nerviosos, moi preocupados e impúxose a sensatez e a cordura”.

O Tribunal Supremo avala a permanencia de Ence na ría de Pontevedra

Desde CCOO pedíanlle a Ence un plan estratéxico de investimentos e que retome o proxecto dunha planta de papel en Pontevedra, para pechar o ciclo de produción.

“Estamos en disposición de pedirlle á empresa”, indica Manuel Rivas, presidente do comité de fábrica da pasteira, “de esixirlle cambios de melloras, investimentos. A fábrica vai estar aquí moitos anos”.

O Concello, sorprendido

O Concello de Pontevedra, que presentara recurso contra a prórroga da concesión á planta de Ence, amósase moi sorprendido coa decisión do Supremo. Fala dun fracaso do estado de dereito.

Significa cargarse literalmente a lei de costas e a protección e a recuperación do litoral de Pontevedra

Miguel Anxo Fernández Lores, o alcalde, di que “significa cargarse literalmente a lei de costas e a protección e a recuperación do litoral de Pontevedra”.

Fernández Lores non da perdida a loita pola recuperación da ría: “Nunca deixarei de loitar, por todas as vías posibles, para ver cumprido o soño que teñen a grandísima maioría, a inmensa maioría dos pontevedreses e pontevedresas de ver a ría sen Ence”.

Recursos pendentes

Tamén seguirá coa loita nos tribunais, e na rúa, a Asociación pola Defensa da Ría. Queda por resolver no Supremo o recurso contra a sentenza da Audiencia Nacional favorable ao colectivo ecoloxista.

Antón Masa, presidente da asociación, considera que “temos que agardar a coñecer a sentencia na súa integridade e coñecer tamén que é o que di ese voto particular. Debemos de esperar tamén a ver que pasa co noso recurso, que aínda non está tratado. Unha vez que saibamos iso, hai moito percorrido tanto desde o punto de vista xurídico, como tamén de mobilización social”.

A versión da Xunta

A Xunta aplaude a decisión xudicial. Pide a Ence que cumpra os seus compromisos, e ao Concello que acate a resolución do Supremo, para aforrar máis anos de incerteza aos traballadores.

“Non tiña porque ter pasado por esa situación”, subliña o presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

“Tiveron que pasar, e eu agardo que, a partir de agora, con este pronunciamento, poidan ter garantido o seu futuro e que unha cidade como Pontevedra, tan necesitada de emprego e de industria, poda ter futuro igual que están tendo outras cidades de Galicia”, engade Rueda.
 

Fuente

Samsung Galaxy S24 Ultra 12GB + 512 GB - El Corte Ingles